Tarifas
A seguir aparecen as tarifas para as actividades subvencionadas pola Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural, dentro do programa Letras Vivas.
Trátase de importes orientativos, polo que, en todo caso, cómpre que a entidade organizadora acorde cos ou coas artistas cos que desexe contar o prezo definitivo, sobre o que recibirá a axuda económica correspondente, dentro do programa citado.
Recitais de poesía
- Recital dunha hora de duración, cun só ou unha soa poeta: 350€
- Para recitais colectivos, ou con música ou outros elementos extra, cómpre determinar as tarifas coas persoas que participen neles.
Obradoiros organizados por Institucións ou Empresas
- Coloquio-obradoiro literario (até 2 horas): 200€/hora
- Encontro-obradoiro literario (máis de 2 horas e até 4 horas): 150€/hora
- Obradoiro de creación literaria (máis de 4 horas): 125€/hora
Obradoiros organizados por Asociacións sen ánimo de lucro
- Coloquio-obradoiro literario (até 2 horas): 120€/hora
- Encontro-obradoiro literario (máis de 2 horas e até 4 horas): 90€/hora
- Obradoiro de creación literaria (máis de 4 horas): 75€/hora
